viernes, 3 de mayo de 2013

V FESTA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES



Terá lugar o vindeiro sábado 25 de maio no Pavillón Municipal dos Campóns a partir das 16:00 horas.

Como todos os anos, agradeceríamos que colaborásedes con nos, aportando algo para a merenda, que terá lugar ao remate de todas as exhibicións.

SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO


Para o vindeiro curso escolar 2013/2014, queremos poñer en funcionamento un programa de reutilización de libros de texto, coa finalidade de que unha cantidade de libros poidan ser aproveitados polos nosos alumnos e alumnas e supoña un aforro para as familias.

Para levar a cabo esta labor, necesitamos que todos os que queirades formar parte deste proxecto, e teñades nenos/as en 3º, 4º, 5º ou 6º de primaria, colaboredes con nos, aportando os libros deste curso ao remate do mesmo.